Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia «O Romanticismo na pintura»

25 mayo, 2016 - 26 mayo, 2016

Durante os días 25 e 26 de maio – de 19:30 a 20:30 horas- Nuria Alvarez Font impartirá, durante dúas xornadas consecutivas, a conferencia «O Romanticismo na Pintura» na Casa da Cultura de Verín.

Nuria Álvarez Font -que se formou en Historia da arte na Universidade de Barcelona e está centrada na investigación artísticas- achegará aos asistentes o movemento artístico do Romanticismo no seu contexto histórico, explicará as características xerais dun movemento artístico que se caracterizou por ser unha explosión da liberdade e o sentimentalismo; e falará dun modo extenso sobre os artistas e as obras máis destacadas nesta corrente e o impacto romántico na evolución da pintura.

Devandita conferencia, de carácter gratuíto, está organizada por Nuria Álvarez Font coa colaboración do Concello de Verín.

Detalles

Comienza:
25 mayo, 2016
Finaliza:
26 mayo, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Casa da Cultura de Verín
r/Irmáns La Salle
Verín, Ourense 32600 España