Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Contacontos

29 octubre, 2016 @ 12:00 pm - 1:00 pm

O vindeiro sábado 29 de outubro, ás 12.00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín contará coa presenza dá actriz, e contadora de contos, Raquel Queizás  que interpretará un conta contos que leva por título «O medo hai que entretelo».

Raquel Queizas, nome artístico que fai honor ao seu pobo, é unha vella amiga e colaboradora da Biblioteca Municipal e coñece ben o seu proxecto de Voluntariado. Nesta ocasión ofrecera aos asistentes, de maneira totalmente altruísta, unha xornada de contos para superar os medos, e seguir celebrando o Samaín na Biblioteca.

Esta actividade está destinada a nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos que deben vir acompañados, e terá unha duración aproximada de 40 minutos.

Para participar na mesma non é necesario inscribirse.

Detalles

Fecha:
29 octubre, 2016
Hora:
12:00 pm - 1:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Biblioteca Pública de Verín
Av. de Portugal, 11
Verín, Ourense 32600 España
Teléfono:
988 41 36 24