Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Contacontos “Estacións en contos” de Celtia Figueiras na Biblioteca de Verín

abril 7 @ 6:00 pm - 8:00 pm

O vindeiro venres 7 de Abril ás 18:00h, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en marcha o programa “Estacións en contos” coa presenza de Celtia Figueiras, quen levará a cabo a actividade mediante catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes dependendo da estación. A actividade coa que se dará comezo será “Contos na Primavera”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal.

Detalles

Fecha:
abril 7
Hora:
6:00 pm - 8:00 pm
Evento Categoría:

Lugar

Biblioteca Pública de Verín
Av. de Portugal, 11
Verín,Ourense32600España
Teléfono:
988 41 36 24