Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Enclave de Cámara: Cuarteto Lyskamm

2 junio, 2016 @ 8:30 pm - 9:30 pm

Este xoves, 2 de xuño, ás 20:30h, remata a tempada 2015 / 2016 do ciclo Enclave de Cámara no Teatro Principal de Ourense. Tralo éxito acadado polo concerto do recital de piano do británico Paul Lewis pecha a tempada o Cuarteto Lyskamm, tocando obras de Boccherini, Mozart e Schubert.

O cuarteto Lyskamm foi creado no ano 2008 no Conservatorio de Música de Milán e está íntegramente formado por músicos italianos.

Dende 2009 ata 2011 o cuarteto estudou na Universidade das Artes deBerlín co Cuarteto Artemis, tendo tamén a oportunidade de toparse depois con docentes da talla de Hatto Beyerle, Johannes Meissl, Ferenc Rados, Claus Christian Schuster, Eberhardt Feltz e o Cuarteto Casals. O Cuarteto Lyskamm segue hoxe en día a perfeccionarse con Heime Müller na Universidade de Lübeck (Alemania).

En 2016 o Borletti Buitoni Trust asignou ao Cuarteto Lyskamm o premio especial para a música de cámara, premio creado en memoria de Claudio Abbado.

Nos dous anos precedentes, o cuarteto xa tiña recibido distintos premios, entre os que destacan o premio Vittorio Rimbotti da Academia Europea do Cuarteto, o segundo premio e o premio especial Pro Quartet no concurso internacional Franz Schubert und die Musik der Moderne de Graz, o primeiro premio da Jeunesse Musical Deutschland, e a beca da Ad Infinitum Foundation, sin esquecernos do primeiro premio da Possehl Stiftung de Lübeck.

O Cuarteto Lyskamm ten tocado por numerosas asociacións de concertos de toda Europa, entre as cuales destacan a Società del Quartetto de Milán, o Festival MiTo, a Unione Musicale e Lingotto Musica de Turín, o festival I Suoni delle Dolomiti, o festival internacional Quatuor de Burdeos (Francia), o Aldeburgh Music Festival (Reino Unido), o Brahms Festival e o Rheingau Musik Festival (Alemania). Ten colaborado en quinteto con músicos da talla de Mario Brunello, Alessandro Taverna e Simone Rubino.

Dende 2014, o Cuarteto Lyskamm colabora nos proxectos organizados polo CIDIM (Centro Italiano pola Difusión da Música), que conlevan xiras en Italia e en Europa, participando ademais no proxecto «Le dimore del Quartetto», organizado pola Asociación Piero Farulli.

Durante a tempada 2016-17, o cuarteto ten unha residencia nos Amigos da Música de Padua.

Entradas á venda no Teatro Principal  e www.ataquilla.com.

Detalles

Fecha:
2 junio, 2016
Hora:
8:30 pm - 9:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local