Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición: Colpo di Fulmine

21 junio, 2018 - 31 agosto, 2018

O artista ourensán Pablo Otero continúa coa segunda parte da súa exposición Colpo di Fulmine, a continuación da obra exposta na sala Valente desde o mes de maio. Nesta segunda parte, o artista expón pezas de menor formato, pero atravesadas por un denominador común: a procura da verdade a través da luz.
Así, o artista plástico concibe a súa obra coma un proceso de tránsito, de metamorfose, partindo da inocencia ata chegar á abstracción. Un camiño no que transita a través da historia da Arte, como fonte de inspiración, pero que só se albisca a través da luz da revelación, pero sen caer na tentación das certezas.
En total, máis dun cento de obras montadas sobre 40 soportes artísticos diferentes (pintura sobre tea, instalacións con ladrillos, mesas, collages, etc.) que se unen, tal e como fixera na fachada do edificio do Banco de España, á intervención artística sobre a fachada do Museo Municipal.

Detalles

Comienza:
21 junio, 2018
Finaliza:
31 agosto, 2018
Categoría del Evento:

Lugar

Museo Municipal de Ourense
Rúa Lepanto, nº 8
Ourense, Ourense 32005 España
Teléfono:
988 248 970
Página Web:
www.ourense.gal