Cargando Eventos

« All Eventos

Exposición: “O movemento estático”

septiembre 7 - octubre 21

Referencias ao Pop Art na mostra “O movemento estático”, do pintor Santiago López Amado

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolle a exposición “O movemento estático”, do pintor Santiago López Amado, quen enche as paredes deste espazo cultural con referencias ao Pop Art, aos personaxes que formaron parte da súa cotidianeidade e da de moitos cidadáns máis. A presentación desta exposición tivo lugar hoxe no Centro Cultural, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González; e o propio artista, Santiago López Amado.

A exposición “O movemento estático” está composta por “28 pezas que, na súa gran maioría, son traballadas con óleo”, explicou o artista, quen sinalou que nas súas obras “non separo a miña vida dos meus cadros”.

A mostra poderá visitarse ata o día 21 de outubro.

Detalles

Comienza:
septiembre 7
Finaliza:
octubre 21
Evento Categoría:

Lugar

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación
r/ Progreso, 30
Ourense, Ourense 32003 España
Teléfono:
988 317 895
Pagina Web:
http://www.ccdou.com