Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

I Exhibición de Cans de traballo e obediencia

10 abril, 2016 @ 12:00 pm - 1:00 pm

O Concello de Allariz e a Asociación Espazo Canino, colectivo que traballa na socialización e adestramento canino en Allariz, organizan a “I Exhibición de Cans de Traballo e Obediencia” que terá lugar o vindeiro domingo, 10 de abril.

A partir das 12:00h, o Cámping Hípica acollerá varias exhibicións caninas abertas a toda a poboación.  Espazo Canino e os seus socios abrirán as demostracións de obediencia básica. Unha decena de cans participarán no evento que, segundo explica Jorge González de Espazo Canino, “o can non só é un animal de compañía senón que pode ser vital nas operacións de busca de persoas, detección de drogas e explosivos e tamén servir de apoio aos axentes das forzas e corpos de seguridade”.

Con esta iniciativa de sensibilización “preténdese amosar que a convivencia harmónica cos animais é posible”, afirmaba Cristina Cid, concelleira de Promoción Económica.

Na exhibición tamén participará a asociación Adóptame Allariz que traballan na atención de cans abandonados ou perdidos. Encárganse de localizar aos donos e, de non logralo, búscanlles un novo fogar.

Detalles

Fecha:
10 abril, 2016
Hora:
12:00 pm - 1:00 pm
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Hípica de Allariz
Urbanización Estrada Celanova
Allariz, Ourense 32660 España