Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

II Master Class de ximnasia en Xinzo

19 enero, 2019 @ 10:00 am - 8:00 pm

Este sábado o club EDC Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia organizan a II MasterClass de Ximnasia, no pavillón municipal. Nesta edición contarán coa medallista olímpica e campioa do mundo Lourdes Mohedano.

Cincuenta serán os deportistas, ximnastas e adestradoras que participarán, divididos en dous grupos, maña e tarde, en horarios de 10h a 14h e 16h a 20h. Cada ximnasta recibirá diploma e camiseta conmemorativa.

Recepción no concello
A recepción oficial institucional a ilustre deportista por parte do Concello farase no salón de Plenos o sábado ás 15:30h.
Dende o club e o Concello seguen a apostar polo deporte da ximnasia que tantas alegrías leva dando estes anos tanto en nº de participantes como en logros deportivos.
A Concellería de Deportes agradece unha vez máis aos clubs a súa gran labor que pon ao noso Concello como referente a nivel provincial e autonómico no mundo do deporte.

Detalles

Fecha:
19 enero, 2019
Hora:
10:00 am - 8:00 pm
Categoría del Evento:

Local

pavillón municipal de Xinzo de Limia