Cine: «¡Ups! ¿donde está Noé?»

Durante os días 7 e 8  de maio , o cinema de Verín acolle a proxección da película  "¡Ups! ¿donde está Noé" no Salón de Actos da Casa da Cultura, con proxeccións ás 17 horas. As entradas estarán dispoñibles en taquilla 30 minutos antes do inicio das sesións, ou poden reservarse por anticipado na tenda […]

Cine: «Whiplash»

Espazo Lusquiños av. Marín, 16, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Damien Chazelle (2014) O obxectivo de Andrew Neiman, un mozo e ambicioso baterista de jazz, é triunfar no elitista Conservatorio de Música da Costa Este. Marcado polo fracaso da carreira literaria do seu pai, Andrew alberga soños de grandeza. Terence Fletcher, un mestre coñecido tanto polo seu talento como polos seus rigorosos métodos […]

Death Metal Fest

Sala Berlín, Ourense Pena Corneira, Ourense

A Sala Berlín acolle o sábado 7 de maio o Death Metal Fest. A partir das 19:30 horas actuacións dos grupos Sposents, Bloodhunter, Hija del carroñero e Death Party.

Concerto: María Mendoza

Liceo de Ourense Rúa Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, España

O Liceo de Ourense acollerá o 7 de maio ás 20 horas un concerto da pianista e compositora María Mendoza, que interpretará as obras do seu primeiro traballo discográfico en solitario, "Intro". "Intro" é unha viaxe no tempo, un convite a pechar os ollos e deixarse invadir polas antigas sonoridades mezcladas coas contemporáneas. Neste traballo, […]

Concerto en El Pueblo

Café Cultural El Pueblo Sameul Eiján, Ourense

O sábado 7 de maio no Café Cultural El Pueblo, de Ourense, tres concertos. Actuación de AcidProyect + We are Dust + Soul Stealer. Comezo ás 20:30 horas.

campionato galego de Futbol sala Benxamín e Alevín

Verín

O vindeiro domingo 8 de maio, a Federación Galega de Fútbol sala organiza, coa colaboración do Concello de Verín, a fase final do campionato galego de fútbol sala, nas categorías Benxamín e Alevín, en Verín. Na categoría Benxamín Masculino participan os equipos: O Parrulo Ferrol (A Coruña), Maristas Lugo (Lugo), Carballiño FS (Ourense) e Ancoradouro […]

Concerto: Banda Municipal de Allariz

Praza Maior de Allariz

O domingo 8 de maio haberá concerto da Banda Unión Musical de Allariz na praza Maior alaricana. Será ás  12:30 horas.

Cine: «Springsteen & I»

Café Cultural Auriense Praza do Correxidor, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Baillie Walsh · (2013) Documental biográfico que documenta a vida e a carreira de Bruce Springsteen a través das vivencias e declaracións dos seus fans ao redor do mundo. Sesión ás 20:30 h no Café Cultural Auriense con entrada de balde.

Sesión curtametraxes: Xacio Baño

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Proxección, coa presenza do director, Xacio Baño, das curtas «Estereoscopía», «Anacos», «Eco» e «Ser e Voltar». Sesións ás 20:30 e 23 h. Entrada de balde ata completar aforo

Concerto: Sarah McKenzie Cuarteto

Café Latino Praza Santa Eufemia, 7, Ourense, Ourense, España

O XX Festival de Jazz de Primavera presenta o concerto de Sarah McKenzie Cuarteto, o luns 9 de maio, ás 22:30 h. Entrada: 15 euros.

15€