Concerto: María Mendoza

Liceo de Ourense Rúa Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, España

O Liceo de Ourense acollerá o 7 de maio ás 20 horas un concerto da pianista e compositora María Mendoza, que interpretará as obras do seu primeiro traballo discográfico en solitario, "Intro". "Intro" é unha viaxe no tempo, un convite a pechar os ollos e deixarse invadir polas antigas sonoridades mezcladas coas contemporáneas. Neste traballo, […]

Concerto en El Pueblo

Café Cultural El Pueblo Sameul Eiján, Ourense

O sábado 7 de maio no Café Cultural El Pueblo, de Ourense, tres concertos. Actuación de AcidProyect + We are Dust + Soul Stealer. Comezo ás 20:30 horas.

campionato galego de Futbol sala Benxamín e Alevín

Verín

O vindeiro domingo 8 de maio, a Federación Galega de Fútbol sala organiza, coa colaboración do Concello de Verín, a fase final do campionato galego de fútbol sala, nas categorías Benxamín e Alevín, en Verín. Na categoría Benxamín Masculino participan os equipos: O Parrulo Ferrol (A Coruña), Maristas Lugo (Lugo), Carballiño FS (Ourense) e Ancoradouro […]

Concerto: Banda Municipal de Allariz

Praza Maior de Allariz

O domingo 8 de maio haberá concerto da Banda Unión Musical de Allariz na praza Maior alaricana. Será ás  12:30 horas.

Cine: «Springsteen & I»

Café Cultural Auriense Praza do Correxidor, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Baillie Walsh · (2013) Documental biográfico que documenta a vida e a carreira de Bruce Springsteen a través das vivencias e declaracións dos seus fans ao redor do mundo. Sesión ás 20:30 h no Café Cultural Auriense con entrada de balde.

Sesión curtametraxes: Xacio Baño

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Proxección, coa presenza do director, Xacio Baño, das curtas «Estereoscopía», «Anacos», «Eco» e «Ser e Voltar». Sesións ás 20:30 e 23 h. Entrada de balde ata completar aforo

Concerto: Sarah McKenzie Cuarteto

Café Latino Praza Santa Eufemia, 7, Ourense, Ourense, España

O XX Festival de Jazz de Primavera presenta o concerto de Sarah McKenzie Cuarteto, o luns 9 de maio, ás 22:30 h. Entrada: 15 euros.

15€

Cine: «Ma’a al-Fidda»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Grazas a colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e Paco Poch Distribución o Cineclube Padre Feijoo programará este martes 10 de maio o filme «Ma'a al-Fidda» (Silvered Water, Syria Self-Portrait) co obxectivo de recadar fondos para a campaña de refuxiados (Siria) que desenvolven as organizacións ACNUR e MSF. A cota de acceso para […]

Sesión científica

Colegio Oficial de Médicos c/Juan XXIII-19 entresuelo, Ourense, Ourense, España

El martes 10 de mayo a partir de las 20 horas en la sede del Colegio Oficial de Médicos  se celebrará una  sesión científica  organizada por la Academia Médico-Quirúrgica en la que se tratará el tema “Atención al paciente politraumatizado. Beneficios de los cursos ATLS". Será impartida por la doctora Ana Pastor Zapata, del Servicio […]

Conferencia Ourense ICC Week: «Turismo laranxa»

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, España

A Ourense ICC Week inaugúrase este martes 10 de maio coa conferencia de Jordi Treserras, que disertará sobre "Turismo laranxa (cultura e creatividade para un novo concepto de turismo)  ás 20:30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Treserras é presidente da red Ibertur, director de LABTAC Laboratorio de Patrimonio, Turismo Cultural y Creatividad, investigador, profesor […]