Espectáculo «Terras de Queimada»

Praza García Barbón Praza García Barbón, Verín, Ourense, España

O espectáculo "Terras de Queimada", de Queiman e Pousa, celebrarase á noite de San Xoán (xoves 23 a venres 24), ás 0:30 horas, na praza García Barbón de Verín.  Tras o espectáculo, o Concello de Verín queimará a tradicional fogueira de San Xoán na Praza da Alameda. A xornada contará tamén coa animación musical de […]

Concerto 2naFronteira

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

O sábado 25 de xuño ás 20:30 horas na Fundación Vicente Risco de Allariz concerto de Carmen Penín - 2naFronteira "Homenaxe á revista Nós e ás Irmandadesda Fala".

I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico

Campus Ourense Campus As Lagoas, s/n, Ourense

Este domingo día 26, e dentro do Programa das Festas de Ourense, vaise celebrar o "I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico", organizado por Auriense FG e AUCE, coa colaboración do servizo de deportes da Universidade e o Concello de Ourense. Os partidos serán: Feminino, 18 horas: Auriense FG - Herdeiras de Dhais (Lalín) […]

Teatro: «Arsénico por compaixón»

Casa da Cultura de Barbadás Rúa San Bernabé 37 , A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

"Arsénico por compaixón", de Joseph Kesselring en versión de Tito Asorey, é a última montaxe de Teatro Múxicas, que será estreada o día 29 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio da Casa de Cultura do Concello de Barbadás. Sinopse Lucía, unha actriz galega, está a piques de casar co seu mozo Alberte. Cando vai […]

Presentación do libro: «Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal»

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

O venres 1 de xullo ás 20:30 terá lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz a presentación do libro de relatos galego-portugués "Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal". Neste primeiro volume dos relatos do Sacaúntos, Ramón Caride, Andrea Barreira Freije, Xosé Duncan, J.Madureira e Fernando Méndez achegan unha mirada plural ao perfil criminolóxico de Manuel […]

Espectáculo: «Vacacións no mar»

Praza da Mercé Praza da Mercé, Verín, Ourense, España

O sábado 2 de xullo, ás 20 horas, o grupo de títeres "Mircromina" actuará na Praza da Mercé de Verín coa súa comedia "Vacacións no mar", espectáculo familiar gratuíto de monicreques de luva de 45 minutos de duración. "Vacacións no Mar" é un espectáculo de monicreques de luva, no que se conxuga o tradicional estilo […]

Romaría Rebuldeira

Área recreativa A Pontenova Área recreativa A Pontenova, Ourense, España

O 3 de xullo na área recreativa A Pontenova de Ramirás, celébrase a Romaría Rebuldeira, coa que Rebulir pecha o curso. Desde o mediodía ata a noite, haberá xantar, xogos, actuacións da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, contacontos a cargo de María da Pontragha, e concerto das pandereteiras Bouba.

Teatro: «Falar sen cancelas»

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, obra de teatro "Falar sen cancelas" o 25 de agosto ás 21 horas no parque da Solaina da Valenzá.

Cine: «Edifício Master»

Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, España

No ciclo Marxes Fílmicas-Brasil, preséntase "Edifício master" do director Eduardo Coutinho, en versión orixinal subtitulada ao español. Sete días compartidos coa vida diaria das familias que habitan nun edificio, residencial en Copacabana na cidade do Rio de Janeiro, un macroedificio de 12 pisos, con 23 apartamentos por piso, en total 276 apartamentos nos que viven […]

Cine: «Terra estrangeira»

Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, España

No ciclo Marxes Fílmicas- Brasil, preséntase "Terra estrangeira", de Walter Salles e Daniela Thomas, en versión orixinal subtitulada ao Español. Brasil, marzo de 1990. O plan económico do goberno brasileiro de Collor empuxa ao país ao caos. A vida de Paco, un mozo estudante paulista, esborrállase coa morte da súa nai e acaba co seu […]