Presentación do libro: «Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal»
Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, EspañaO venres 1 de xullo ás 20:30 terá lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz a presentación do libro de relatos galego-portugués "Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal". Neste primeiro volume dos relatos do Sacaúntos, Ramón Caride, Andrea Barreira Freije, Xosé Duncan, J.Madureira e Fernando Méndez achegan unha mirada plural ao perfil criminolóxico de Manuel […]
Espectáculo: «Vacacións no mar»
Praza da Mercé Praza da Mercé, Verín, Ourense, EspañaO sábado 2 de xullo, ás 20 horas, o grupo de títeres "Mircromina" actuará na Praza da Mercé de Verín coa súa comedia "Vacacións no mar", espectáculo familiar gratuíto de monicreques de luva de 45 minutos de duración. "Vacacións no Mar" é un espectáculo de monicreques de luva, no que se conxuga o tradicional estilo […]
Romaría Rebuldeira
Área recreativa A Pontenova Área recreativa A Pontenova, Ourense, EspañaO 3 de xullo na área recreativa A Pontenova de Ramirás, celébrase a Romaría Rebuldeira, coa que Rebulir pecha o curso. Desde o mediodía ata a noite, haberá xantar, xogos, actuacións da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, contacontos a cargo de María da Pontragha, e concerto das pandereteiras Bouba.
Teatro: «Falar sen cancelas»
Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, EspañaNo programa de verán de Barbadás, obra de teatro "Falar sen cancelas" o 25 de agosto ás 21 horas no parque da Solaina da Valenzá.
Cine: «Edifício Master»
Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, EspañaNo ciclo Marxes Fílmicas-Brasil, preséntase "Edifício master" do director Eduardo Coutinho, en versión orixinal subtitulada ao español. Sete días compartidos coa vida diaria das familias que habitan nun edificio, residencial en Copacabana na cidade do Rio de Janeiro, un macroedificio de 12 pisos, con 23 apartamentos por piso, en total 276 apartamentos nos que viven […]
Cine: «Terra estrangeira»
Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, EspañaNo ciclo Marxes Fílmicas- Brasil, preséntase "Terra estrangeira", de Walter Salles e Daniela Thomas, en versión orixinal subtitulada ao Español. Brasil, marzo de 1990. O plan económico do goberno brasileiro de Collor empuxa ao país ao caos. A vida de Paco, un mozo estudante paulista, esborrállase coa morte da súa nai e acaba co seu […]
Concerto para nenos
Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, EspañaO xoves 7 de xullo ás 19:00 horas, concerto para nenos na Fundación Vicente Risco de Allariz dentro do curso de verán "Contos pintados con música". Entrada libre até cubrir aforo (35 prazas).
Música: O Sonoro Maxín
Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, EspañaNo programa de verán de Barbadás, concerto de O Sonoro Maxín o próximo xoves 7 de xullo ás 21 horas no parque da Solaina da Valenzá.
Cine: «Mi amigo el gigante»
Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, EspañaDurante os días 8, 9 e 10 de xullo , o cinema de Verín acolle a proxección da película “Mi amigo el Gigante” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: o venres 8 ás 19:45 e 22:30 h., e o sábado e domingo ás 17:00, 19:45 e 22:30 h. Entradas en […]
Cé Orquestra Pantasma
Concello de Baños de Molgas R/ Dtor. Samuel Glez. Movilla nº2, Baños de Molgas, Ourense, EspañaO vindeiro sábado 9 de xullo, ás 20 horas, chega ao Concello de Baños de Molgas a Animación Musical de “Home Orquestra” para encher a vila de vida musical en plena rúa, nunha conexión directa cos veciños. Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiría, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais. É a […]