A mostra componse de 24 fotografías tomadas por Zoe Sala Coixet na rodaxe de “Elisa y Marcela” que reproducen algúns dos momentos máis íntimos protagonizados polas dúas actrices protagonistas da película: Natalia de Molina e Greta Fernández. O traballo constitúe a primeira mostra en solitario da fotógrafa catalá, filla da directora Isabel Coixet.