Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Musical: «Carapuchiña Vermella»

12 junio, 2016 @ 9:00 pm

O vindeiro domingo 12 de xuño, ás 19:00 horas, a Praza da Mercé de Verín acolle a obra de teatro musical infantil «Carapuchiña Vermella», de Educateatro. A actuación, incluída en Cultura non Camiño 2016, está organizada e patrocinada polo Concello de Verín e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Un día a súa nai encargoulle ir á casa da avoa para que lle levase unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas, cancións… e incluso un lobo que fará das súas para intentar papala. A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.

Esta obra éunha adaptación sobre o clásico dos Irmáns Grimm, enfocada a un público infantil a partir de 2 años, que será representada por un elenco formado por tres  actrices e un actor. Nesta adaptación, do clásico dos Irmáns Grimm educateatro moderniza a historia e os personaxes do conto para traelos á actualidade.A proposta mestura teatro de actor con manipulación de corpóreos e voz en directo para transmitir aos cativos e cativas valores como a ecoloxía e a igualdade ao mesmo tempo que ensina a reciclar ou as profesións.

«Carapuchiña Vermella, O Musical» está composto por sete cancións orixinais cantadas en directo e pensadas especialmente para os máis pequenos:

 

Detalles

Fecha:
12 junio, 2016
Hora:
9:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Praza da Mercé
Praza da Mercé
Verín, Ourense España