Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«Os Bolechas van ás Olimpíadas»

18 junio, 2016 @ 12:30 pm - 1:30 pm

O sábado 18 de xuño, ás 12:30 horas, o Auditorio Municipal acolle o espectáculo Os Bolechas van ás Olimpíadas, actuación de monicreques manipulados por actores á vista para público infantil e familiar con entrada gratuíta. O acto, organizado pola Rede de Dinamización Lingüística coa colaboración do Concello de Verín, fomenta a participación en galego dos nenos e nenas na resolución do conflito proposto no guión: os famosos irmáns Xis disputarán co seu antagonista Romualdo a participación nos Xogos Olímpicos de Río 2016.

O espectáculo mistura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais, neste caso Romualdo, que fai de contrapunto aos Bolechas. Aínda que os verdadeiros protagonistas da historia son, como é habitual, as nenas e nenos que participan na actividade, especialmente pensada para estudantes de educación infantil e primaria. Non obstante, coma sempre, as propostas dos Bolechas están pensadas para que goce toda a familia. Tanto a través de probas físicas como de xogos de preguntas e respostas, as nenas e nenos que participen nesta actividade aprenderán algunhas nocións básicas sobre as Olimpíadas e o que representan, especialmente no relativo a unión dos pobos e das culturas a través do deporte.

Este ano celébranse Olimpíadas en Río de Xaneiro e Os Bolechas queren participar. Teñen tanta présa que collen o avión antes de tempo. En Brasil aínda non hai nada preparado… excepto Romualdo, un deportista «completísimo» que prepara as Romuolimpíadas. E reta os Bolechas a competir con el para gañar un pase aos verdadeiros xogos olímpicos. Como é habitual, os irmáns van precisar moita axuda para gañar a Romualdo e conseguir unha inscrición nas Olimpíadas de Río 2016. E quen vai axudalos? O público presente na actividade! Todas as nenas e nenos, xunto ás súas familias, deberán demostrar o que saben dos xogos olímpicos e tamén que están en forma para participar nos de Río. E para iso terán que superar unha chea de probas… moi divertidas!

Como é habitual en todas as propostas dos Bolechas –e especialmente nestas actividades interactivas– hai un importante compoñente pedagóxico que se une á parte máis lúdica da iniciativa. Neste caso para traballar un tema transversal en todas as propostas dos Bolechas como é o fomento de hábitos saudables –e do deporte en particular–, pero tamén para afondar no tema específico dos xogos olímpicos, coincidindo coa súa celebración este verán en Río de Xaneiro.

Detalles

Fecha:
18 junio, 2016
Hora:
12:30 pm - 1:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Centro Cultural e das Artes de Verín
Verín, Ourense 32600 España