Últimos Eventos Pasados
Teatro: «Arizona»
Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, OurenseGeorge e Margaret deben defender as súas fronteiras. Os veciños están aí, axexando, esperando a cruzar ao mínimo descoido. Pero, cando Margaret comeza a facer demasiadas preguntas, a comedia musical que era a súa vida tórnase unha salvaxe traxedia. “Fronteiras, malditas, aquí e alá, malditas, en cada recuncho do planeta, malditas, invisibles ou sólidas, malditas, […]
Charla: «O dereito a unha morte digna»
Local Andén I av. Marín s/n, OurenseA Asociación Vía Vella de Ponte Canedo coorganiza unha charla-coloquio sobre "O dereito a unha morte digna: os dereitos das pesroas ante o seu final", coa intervención de Asunción Cambrón Infante e Emilia Irimia Fernández, da Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia, que estarán presentadas pola avogada Celia Pereira Porto.
Cine: «Cautiva»
Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, OurenseO Cineclube Padre Feijoo inicia un ciclo adicado ao cine do Extremo Oriente: "Tránsito Asia", coa proxección de "Cautiva" este mércores 28 de setembro. Therese Bourgoine, unha voluntaria francesa que participa nunha misión humanitaria na illa de Palawan, un territorio salvaxe de xunglas e montañas, é secuestrda polo grupo «Abu Sayyaf», un movemento xihadista que […]





