Últimos Eventos Pasados

Exposición: «A musa da paz»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense

Exposición con motivo da semana internacional da paz. Formada por obras de 28 artistas, que inclúe pintura, fotografías, deseño e gravados. No vestíbulo superior do Auditorio.

Concerto da Coral de Ruada

Praza Maior do Carballiño Praza Maior do Carballiño, O Carballiño

A Coral de Ruada ofrecerá o mércores14 de setembro no Carballiño un concerto consistente nunha variada mostra de música popular e polifónica galegas -con acompañamento do seu grupo de música popular (zanfona, gaitas e percusión)- dirixido polo seu director Xoán Antón Vázquez Casas. Terá lugar na praza Maior do Carballiño a partir das 20,30 horas. […]

Concerto de boleros: «Alma, corazón e vida»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense

Alma, corazón e vida son tres ingredientes esenciais para cantar ao amor. Tres elementos que inspiran a Borja Quiza para crear esta selección de cancións de amor e desamor por todos coñecidas, pero versionándoas para adaptalas ao seu fantástico instrumento e á súa profunda interpretación musical.  Bésame mucho, Perfidia, Soñar contigo, Piensa en mi son […]