Últimos Eventos Pasados

Cine: «La loi du marché»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense

Dirixida por Stéphane Brizé (2015). Despois de 20 meses no paro, Thierry, un home de 51 anos, atopa un novo traballo, pero pronto terá que enfrontarse a un dilema moral: pode aceptar calquera cousa con tal de conservar o seu traballo? Sesións ás 18, 20:30 e 23 h, con entrada a 4 euros para socios […]

4€

Cine: «O futebol»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense

Dirixida por Sergio Oksman (2015). «O Futebol» leva a cabo un complicado equilibrio entre a realidade e a ficción a partires do verdadeiro encontro entre o director e o seu pai. O guión de Sergio Oksman e Carlos Muguiro está escrito como pura ficción: a viaxe (moitas escenas ródanse desde un coche) interior e futbolístico […]

2€

Concerto: Lulavai

Igrexa da Mercé Praza da Mercé, Verín

O vindeiro sábado 4 de xuño, ás 20:30 horas, a Igrexa da Mercé acolle o concerto “Lémbrame un soño” do cuarteto feminino Lulavai, organizado polo Concello de Verín coa colaboración da Comunidade Mercedaria de Verín e AGADIC-Consellería de Cultura, Educación  e Ordenación Universistaria. "Lémbrame un soño" é o título do segundo traballo discográfico do cuarteto […]