Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: “A lingua das bolboretas”

20 junio, 2021 @ 8:30 pm - 10:00 pm

A compañía Sarabela representa en Verín a obra “A lingua das bolboretas”

O vindeiro 20 de xuño, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “A lingua das bolboretas”, baseada nunha historia de Manuel Rivas e dirixida por Gonçalo Guerreiro. As entradas, que xa están á venda en www.ataquilla.com, teñen un prezo de 5 euros.

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Detalles

Fecha:
20 junio, 2021
Hora:
8:30 pm - 10:00 pm
Categoría del Evento:

Local

Auditorio Municipal de Verín
Camiño a Balneario de Sousas
Verín, Ourense 32600 España