Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Amigos ata a morte»

17 marzo, 2016 @ 9:30 pm - 18 marzo, 2016 @ 11:00 pm

18€

«Amigos ata a morte» é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que todos queremos para as nosas vidas, pero como é ben sabido se se mesturan moitas veces explotan?. Nacho, Anxo e María. Dous homes e unha muller? e claro, polo menos un par de historias de amor.

Eles son tres amigos, dous de toda a vida, tres amigos inseparables, ou se cadra non. Un xiro inesperado deixa patas para arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutro xeito a súa amizade.

Que farías se a túa parella decidise deixarche? e se se marchase co teu mellor amigo? perdoarías aos dous, a ningún, só a un dos dous?? É mellor mentir á persoa que mais queres para evitar que o pase mal? É mellor sempre a verdade que a mentira? Unha ?verdade a medias? é unha mentira de dúas persoas? Poderías perdoar calquera cousa por amor? E por amizade? Que é máis forte, o amor ou o rancor? Que farías polo teu mellor amigo? E chegado o caso? que lle farías ao teu mellor amigo?

A obra está dirixida por Javier Veiga e protagonizada por Xosé Touriñán, Ledicia Sola e David Amor.

Sesións os días 17 e 18 de marzo. Entradas a 14 e 18 euros.

Detalles

Comienza:
17 marzo, 2016 @ 9:30 pm
Finaliza:
18 marzo, 2016 @ 11:00 pm
Precio:
18€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,
Web:
http://www.teatroprincipalourense.com/index.php/Teatro/741-amigos-ga-11?cat=&fechaCartelera=

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
+ Google Map
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local