Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: “Aproximación a muller nociva”

6 octubre, 2018 @ 8:30 pm - 10:00 pm

O vindeiro sábado 6 de outubro, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra “Aproximación a muller nociva” do grupo de teatro Oreteiro. Esta representación está enmarcada dentro da IX edición do Festival de Teatro Entreculturas, organizado pola Asociación para a Cultura e o Lecer: A Caixa de Pandora de Verín, en colaboración do Concello de Verín.

 

Para acceder a obra teatral, que terá lugar ás 20:30 horas, será necesario realizar unha achega de 5 euros, que a asociación sen ánimo de lucro “La Caja de Pandora” destinará a sufragar o aloxamento e a manutención dos actores que participan no festival. As entradas estarán dispoñibles os días 4, 5 e 6 de outubro no Auditorio de Verín, en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Detalles

Fecha:
6 octubre, 2018
Hora:
8:30 pm - 10:00 pm
Categoría del Evento:

Local

Auditorio Municipal de Verín
Camiño a Balneario de Sousas
Verín, Ourense 32600 España