Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: El coronel no tiene quien le escriba

18 septiembre, 2020 @ 9:00 pm - 9:30 pm

Teatro: El coronel no tiene quien le escriba
18 de setembro, 21 horas. Teatro Principal.
Tarifa:
20€ – Butaca de Patio e Platea
20€ – 1º Andar
15€ – 2º Andar
12€ – Paraíso e VR

Sinopse
O vello coronel e a súa muller viven na miseria, esperando a carta do goberno na que lle comuniquen a concesión da pensión prometida polos seus servizos durante a guerra. Pero esa carta nunca chega e mentres tanto a vella parella malvive na pobreza alimentando a un galo de pelexa, que é a súa única esperanza de supervivencia. A medida que avanza o tempo e a carta segue sen chegar, deberán enfrontarse a un dilema: alimentar ao galo ou alimentarse eles. A cobiza do pobo, a usura dos supostos amigos, a fatalidade e estupidez da guerra, mestúranse coa soidade do vello coronel vencido pola vida pero ao que aínda quedan dous tesouros: o amor da súa muller e a dignidade.

A traxedia do vello coronel é o reflexo da inxustiza no mundo. A súa capacidade de resistencia ante as adversidades que lle presenta o destino é infinita, guiado por unha rebeldía tan sólida como a súa esperanza e a súa fe no ser humano.

Detalles

Fecha:
18 septiembre, 2020
Hora:
9:00 pm - 9:30 pm
Categoría del Evento:

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local