Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: El funeral

21 septiembre, 2018 @ 8:00 pm - 9:30 pm

O venres, 21 de setembro, teatro «El funeral» no Teatro Principal, ás 20 horas.

Tarifa:
20€ – Butaca de Patio e Platea
20€ – 1º Andar
15€ – 2º Andar
12€ – Paraíso e VR

Sinopse:

Lucrecia Conti, a actriz máis importante do cinema, o teatro e a televisión de España, faleceu. Asistimos ao gran velorio que o Ministerio de Cultura organizou na súa honra nun teatro para que o público poida despedirse da súa admirada estrela. As súas netas Ainhoa e Mayte poñen orde porque as mostras de agarimos son inmensas. Tamén aparece Miguel, un primo afastado cuxo parentesco real é descoñecido.

Todo cambia cando os asistentes quedan encerrados no teatro porque o fantasma de Lucrecia aparécese para despedirse ao grande. Ninguén dá crédito ao que sucede. O fantasma ten asuntos que resolver mesmo co seu propio representante, Alberto Luján, que trata de conter como pode á prensa que se apiña fóra. A noticia está a aparecer en todos os medios de comunicación, e todos os programas de televisión están a enviar unidades móbiles ao teatro para conectar en directo con Lucrecia… ou o que queda dela.

Non hai precedentes de algo así e Lucrecia vai aproveitar ao máximo este momento no que por fin se lle presta a atención que merece para solucionar, viva ou morta, todos os seus problemas profesionais e persoais: desde aceptar unha serie de televisión na que fai de morta (sic), deixar que lle fagan un boneco de cera para o Museo de Ídem de Madrid ou dicirlle a unha das súas netas se pode ennoviarse cun mozo ao que todos lle ven certo parecido familiar…

Todo iso mentres está pendente de que o público non pase fame neste ratiño de “peche” e ofrecéndolles un marabilloso show.

Detalles

Fecha:
21 septiembre, 2018
Hora:
8:00 pm - 9:30 pm
Categoría del Evento:

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local