Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Los Chismorreos de las mujeres»

24 julio, 2016 @ 10:00 pm - 11:00 pm

O vindeiro domingo 24 de xullo, ás 22:00 horas, a Praza da Mercé acolle a obra de teatro familiar de MDM Producciones “Los Chismorreos de las mujeres”. Devandita  actuación está organizada e patrocinada polo Concello de Verín.

Checchina, filla do comerciante Pantalón, e Beppo, un home dunha boa familia, están a piques de casar. Desgraciadamente na cidade comeza a correr a voz que ela é filla bastarda e a voda non se pode realizar, o chismorreo esténdese na fala da xente por todo o barrio facendo perigar o matrimonio. Ao verse neste enredo Checchina, decide emprender unha investigación para dar co comezo da murmuración e atopar a orixe da súa infelicidade, desta maneira descubrirá quen é o seu verdadeiro pai.

MDM, co seu persoal estilo, realiza unha adaptación libre da obra «Os chismes das mulleres» de Carlo Goldoni e propón de maneira áxil e orixinal un texto acompañado de divertidas cancións para toda a familia, cumprindo así un dos seus principais obxectivos como é achegar o teatro a todos os públicos.

Detalles

Fecha:
24 julio, 2016
Hora:
10:00 pm - 11:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Praza da Mercé
Praza da Mercé
Verín, Ourense España