Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: Mundo obrero

11 abril, 2019 @ 8:00 pm - 10:00 pm

Teatro: Mundo obrero

Teatro Principal. 11 de abril, 20 horas.

Café La Tranquilidad, Avenida do Paralelo, Barcelona, anos 20 do século pasado. Un esmoleiro achégase a unha mesa e pide unha moeda a un home. Este saca unha pistola da súa chaqueta, ponlla na man ao esmoleiro e dille: “Vai a un banco e colle o que necesites. É teu”. Comeza a música. Así arrinca este relato, que retrocederá ao último terzo do século XIX, á creación do movemento obreiro, e irá avanzando, a través das loitas no campo e na cidade, cara aos anos 30 do século XX, o momento de máxima efervescencia social, o exterminio da guerra e a guerra despois da guerra, as primeiras gretas no silencio a finais dos 50, a inmensa onda do anti franquismo, o fin da ditadura e da mobilización social que terminara con ela, a vitoria do partido socialista, o fin do movemento obreiro, “as catro mellores décadas da nosa historia”, e de novo, as loitas de sempre pero agora nun mundo distinto, postindustrial, tecnolóxico. Todo a través de personaxes históricos pero tamén a través dunha serie de personaxes anónimos, inventados, cercanísimos. Os nosos avós, pais, nós mesmos. Buscando unha casiña, unha terriña, un anaco de pan, un investimento millonario, poder durmir ao deitarse, exhaustos. E todo nun formato de comedia musical. O café La Tranquilidad converterase nun oliveiral estremeño, un canellón de Lavapiés, o Congreso dos Deputados, unha oficina de tele asistencia, o salonciño dun piso en Sanchinarro… Alí cantaranse discursos e diálogos e rirémonos xuntos. As nosas risas serán balas que ao acertar non matan. Dan vida.

Detalles

Fecha:
11 abril, 2019
Hora:
8:00 pm - 10:00 pm
Categoría del Evento:

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local