Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «O Rueiro das Liortas»

26 noviembre, 2016 @ 7:00 pm - 8:10 pm

O vindeiro sábado, 26 de novembro, ás 19:00 h, a compañía Elefante Elegante presenta na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, “O Rueiro das Liortas”, da compañía Elefante Elegante. Un espectáculo organizado pola Concellaría de Cultura de Barbadás e a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) dentro do programa Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Sinopse

No “Rueiro das Liortas”, Estrela e Matías conviven cos seus sobriños na mesma casa. A parella entra en crise e Matías decide irse. Como? Por que? Que pasará? «O Rueiro das Liortas» é unha comedia de enredo, un espectáculo inspirado no teatro popular que afonda nas  relacións de parella e nas dificuldades para manter vivo o amor frente ao tempo, á rutina e aos obstáculos da vida. O espectáculo dános a visión dunha realidade onde falar dos outros e meterse na súa vida é máis cómodo e divertido do que ollar para un mesmo.

É unha montaxe dirixida a público familiar a partir dos oito anos interpretada por María Torres, Gonçalo Guerreiro, Xairo Torres e Luana Torres.

A entrada é libre ata completar aforo (recollida de invitacións na Casa da Cultura).

 

Organiza:

Detalles

Fecha:
26 noviembre, 2016
Hora:
7:00 pm - 8:10 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Casa da Cultura de Barbadás
Rúa San Bernabé 37
A Valenzá - Barbadás, Ourense 32002 España
Teléfono:
988246885