Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: Os segredos de Greta

12 abril, 2019 @ 8:00 pm - 10:00 pm

O próximo 12 de abril as 20:00, o noso grupo de teatro THE-SASTRE estreara ao público en xeral, a nosa nova obra “O SEGREDOS DE GRETA” na Sala de Cultura Manuel María de Barbadás (A VALENZA) onde se poden recoller xa as invitacións, e gustaríanos contar co voso apoio para a súa presentación, difusión, cobertura e seguimento.

Dende os nosos comezos no ano 1995,THE-SASTRE, ten ido camiñando e organizándose ata o que somos hoxe, un grupo TEATRAL  AMATEUR integrada por xente que traballa con gran respecto de cara  este xénero.

Dende THE-SASTRE temos apostado sempre por obras de carácter orixinal, e con diferentes temáticas, intentando  facelo da maneira máis profesional posible, o cal nos ten levado a recibir sempre unha gran acollida por parte do público, varios premios e unha nominación, a mellor fotografia nos ultimos Premios Juan Mayorga que se celebraron o pasado 6 de abril na sala Berlanga en Madrid.

OS SEGREDOS DE GRETA” é un enredo sentimental. Magnus vive un narcisismo esaxerado, mirarse no espello é unha das súas actividades preferidas. Isto xogaralle malas pasadas nas que están metidas Greta e Anna, dúas das súas pretendentes. Xogarán co narcisismo de Magnus ata levalo a puntos insospeitados.

Detalles

Fecha:
12 abril, 2019
Hora:
8:00 pm - 10:00 pm
Categoría del Evento:

Local

Sala de Cultura Manuel María de Barbadás