Arredor de 40 opcións máis para pórse en forma este curso no campus
Para os membros da comunidade universitaria e as persoas allea a ela que entre os bos propósitos para o curso 2015/2016 teñen facer algún tipo de exercicio, o Servizo de Deportes do campus de Ourense xa ten aberto o prazo para inscribirse nas súas actividades.








