O Concello de Ourense sinalizará as sepulturas de persoeiros no cemiterio de San Francisco

Poñer en valor o cemiterio municipal de San Francisco e divulgar o seu extraordinario valor desde o punto de vista histórico, patrimonial e cultural é o obxectivo do proxecto que desenvolve a Concellería de Cemiterios do Concello de Ourense.










