O COB toma vantaxe fronte Lleida

A semifinal de ascenso a ACB viaxa a Lleida cun 2-0 a favor do Club Ourense Baloncesto. Os de García de Vitoria teñen tres oportunidades para certificar o pase á final.

Ourense en Común organiza un roteiro crítico polo Progreso

Roteiro polo progreso de OUeC

A visita guiada por unha historiadora percorreu a rúa do Progreso dende a Ponte Romana e serviu para visibilizar a realidade urbanística da arteria principal da cidade.

Anova estrea a súa web de campaña

Na nova páxina web pódese atopar información sobre os candidatos, galería de imaxes, o programa electoral ou un buzón de suxerencias.

O PP acondicionará con ascensores edificios de accesibilidade reducida

Jesús Vázquez recalca que a eliminación de barreiras no fogar será unha das medidas coas que pretende mellorar as condicións de habitabilidade e independencia dos cidadáns con autonomía persoal reducida.

Anova creará a figura do educador de rúa

Dentro do programa de Anova Ourense coas 60 medidas urxentes para transformar Ourense que presentou o seu andidato á alcaldía Lito Prado.

O BNG propón unha rede de transporte metropolitano para a comarca

Proposta BNG sobre transporte metropolitano

BNG-Asembles Abertas relanza a súa proposta de poñer en marcha un servizo de transporte metropolitano entre Ourense capital e os doce concellos que integran a súa área comarcal, infraestrutura que beneficiaría a 140.000 persoas.

“Hoxe todas somos Isabel”

Concentración contra violencia de xénero

A Marcha Mundial das Mulleres esixe “responsabilidades” polo asasinato de Isabel Fuentes, durante a concentración contra a violencia machista deste sábado en Ourense.

O COB adiántase na eliminatoria

O Club Ourense Baloncesto logra a primeira vitoria da serie contra o Lleida nun encontro moi pechado ata o último cuarto.