O play off xa está en Ourense

Este venres 24 de abril o Club Ourense Baloncesto xoga o primeiro partido da primeira eliminatoria do play off polo ascenso a ACB.

A Unión Deportiva Ourense canta o alirón

Sufrida vitoria da UD Ourense contra o Sporting Carballiño para proclamarse campión do grupo 13 da Terceira Autonómica.

Compromiso «ensina músculo» en Barbadás

Compromiso por Galicia en Barbadás

Ramón Padrón Calviño encabeza unha «potente» candidatura de 30 persoas, 17 titulares e 13 suplentes que buscan entrar con forza no concello.

O PP de Allariz presenta unha candidatura «preparada para gobernar en favor da igualdade de oportunidades»

Lista do PP en Allariz

 A candidata popular, Luz Doporto Real, sinalou que a candidatura que a acompaña ten unha marcada vocación de goberno «a capacidade, o mérito e a igualdade serán o noso sinal de identidade, a nosa marca persoal para acabar cos contratos a dedo no Concello de Allariz. Queremos igualdade de oportunidades».

Bibiana Iglesias repite como candidata socialista en San Cibrao

Os militantes de San Cibrao das Viñas reelexiron en asemblea á concelleira Bibiana Iglesias como candidata á alcaldía nun Concello onde «gobernar os socialistas empeza a ser unha necesidade».

José Luis Rodríguez Dobaño, candidato do PSdeG en Muíños

O candidato, de 55 anos, é natural de Muiños. Mestre prexubilado, realizou a súa actividade profesional nesta localidade como director das oficinas de Caixa Galicia, Novagaliciabanco e Abanca ao longo de máis de 25 anos.

Manuel Baltar fai campaña á presidencia da Deputación de Ourense

Máis de 500 persoas abarrotaron este sábado o Auditorio Municipal Ilduara de Celanova para asistir ao acto de presentación da candidatura de Manuel Baltar á Presidencia da Deputación de Ourense.