A fachada do Concello de Verín será o taboleiro dun concurso científico

A Casa Consistorial da vila ourensá será este venres a partir das 21:30 horas a pantalla de Big Ciencia, unha innovadora actividade de divulgación que chega esta primavera a localidades das catro provincias.

O complexo da Granxa e a piscina climatizada de Verín, zonas cardioprotexidas

As instalacións deportivas do complexo da Granxa e a piscina climatizada de Verín son, desde principios de semana, zonas cardioprotexidas con desfibrilador externo semiautomático (DESA) e persoal autorizado para a utilización do mesmo.

Publicado o periódico Barrios de abril

Portada Barrios abril 2015

As obras de mellora da depuradora de Xinzo, unha entrevista ao voceiro popular de Calvos de Randín  son temas destacados na portada do número de Barrios de abril.

Xornadas de orientación profesional no colexio de Cea

O CPI Virxe da Saleta acollerá conferencias a cargo de antigos alumnos dos colexios da zona para achegar aos estudantes actuais as súas propias experenicas laborais.