O BNG anuncia as “ideas forza” do seu programa

Candidatura BNG-Asembleas Abertas

A candidata Susana García destacou a necesidade de transformar a actividade política e o compromiso de “coherencia, transparencia e honradez” dos integrantes da lista nacionalista.

Ourense en Común recoñece que cometeu erros

Mavi Calviño e Martiño X.Vázquez

O movemento cidadá elixirá en asamblea os dez primeiros candidatos da súa lista, que logo serán ratificados en votación polos asinantes do seu manifesto vinculados a Ourense, o 11 de abril.

Ourense oferta 900 prazas na campaña de verán da Xunta

Na provincia de Ourense este ano ofértanse un total de 900 prazas, 95 máis que o anterior, para que mozos e mozas de entre 9 e 30 anos participen nas actividades de carácter lúdico, cultural ou deportivo da campaña de verán que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O Club da Calceta de Verín recada máis de 1.000 euros nunha iniciativa solidaria

Stand do club da calceta

Durante as xornadas da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, o Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ da Escola de Familia Municipal promoveu unha iniciativa solidaria destinada a venda de artigos de calceta e bixutería, co obxecto de recadar fondos destinados a alimentación infantil.

Verín e Vilardevós promoven unha ‘Unidade de condutas aditivas’

Alcaldes de Verín e Vilardevós presentan unidade de condutas aditivas

Os alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez e Manuel Cardoso, presentaron a posta en funcinonamento dunha ‘Unidade de condutas aditivas’, unha iniciativa impulsada desde os dous municipios co obxecto de fomentar o estilo de vida saudable.