Organizan un acto informativo sobre o TTIP

A Plataforma cidadá de Ourense Non ao TTIP (Tratado Transatlántico de Libre Comercio) ofrecerá unha sesión informativa sobre este tratado o martes 10 de marzo, ás 20 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Nova actividade na Biblioteca de Verín

O vindeiro venres 13 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O barco dos contos’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Verín premiará o mellor stand da Feira do Lázaro

O Concello de Verín convoca o premio ao mellor stand participante na Feira do Lázaro e Certame Gastronómico “Vila de Verín”, que terá lugar durante os días 20, 21 e 22 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes da localidade.

A UD Ourense xa é de Segunda

A Unión Deportiva Ourense xa é equipo de Segunda Rexional tras vencer ao Piñor por 0-8 en Maside.

A un paso da Segunda

A Unión Deportiva Ourense está a un partido de consumar o ascenso á Segunda Rexional. Pódese ser este sábado no partido contra o Piñor; en Outeiro Grande ás 17 horas.