No 2014 baixou o paro nos nove municipios da comarca do Carballiño

Presentación do Observatorio Económico no Carballiño

A comarca de Carballiño destaca como a segunda da provincia, só por detrás da de Ourense, en xeración de empregos dentro do sector tecnolóxico, segundo o Observatorio Económico da Deputación Provincial de Ourense.

Viana do Bolo mantén os índices delictivos máis baixos da provincia

Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos, presidiron a primeira Xunta Local de Seguridade desta localidade, despois da súa constitución hai un ano.

Xosé Manuel Fírvida repite como candidato do BNG en Barbadás

Xosé Manuel Fírvida

A Asemblea Local do BNG de Barbadás decidíu presentar ao actual voceiro municipal, Xosé Manoel Fírvida, como candidato á alcaldía do Concello de Barbadás, decisión referendada o sábado polo Consello Nacional.

Ana María Rodríguez Blanco, elexida candidata do PSdeG-PSOE en Maceda

Socialistas de Maceda

A Agrupación Municipal Socialista de Maceda celebrou unha asemblea extraordinaria na que a proposta de candidatura para as Municipais da Executiva Local foi ratificada por unanimidade polos militantes así como simpatizantes asistentes.

A UD Ourense supera a barreira dos 100

A Unión Deportiva Ourense logrou a décimo oitava vitoria na Liga e logrou rebasar os 100 goles a favor. Máis de 600 persoas presenciaron o encontro.

Entroido en Riós

O sábado 14 de febreiro a vila festexa o seu día grande de Entroido con desfile de disfraces, xantar, baile popular e xogos infantís.

Laza non falta á cita

Como cada ano Laza prepara un amplo programa de Entroido, no que non faltará a estrea dos novos peliqueiros, o Luns Borralleiro ou o gran desfile de comparsas o Martes de Entroido.

Os felos saen en Maceda

Dentro da programación do Entroido, o Concello organiza este 7 de febreiro unha xornada para compadres e comadres. O Xoves de Comadres e a comida dos felos serán outras citas entroideiras na localidade.