Diminúen en Verín as infraccións penais durante o mes de xaneiro

A Xunta Local de Seguridade analizou a diminución nun 12,5% destes actos en relación ao ano anterior. Así mesmo, abordouse na mesma o dispositivo de seguridade a seguir durante as festas do Entroido.

Comeza unha nova edición do programa Ruralempréga-T

A Casa da Cultura de Xinzo acollerá diversos obradoiros dirixidos á poboación en risco de exclusión social da comarca, para mellorar as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral.

A Unión Deportiva Ourense sufre para vencer

A UD Ourense desprazouse esta fin de semana ata Ribadavia na que un gol de Xurxo no minuto 89 deulle a vitoria aos de Antonio Dacosta.

A Asociación Cultural Xosé Velo busca recuperar a figura do poeta de Celanova

O 30 de xaneiro de 2015 cumplíronse 43 anos da morte de Pepe Velo a cuasa dun cancro de pulmón. Un día despois, Aser Álvarez (de Arraianos) e Francisco Macías (de Edicións Positivas) presentaban, na antiga biblioteca de Celanova, a Asociación Cultural Xosé Velo.

Milleiros de persoas visitaron esta fin de semana a Mostra de Oportunidade

Clausura Mostra da Oportunidade

A organización calcula que foron máis de 13.000 os visitantes que visitaron a 22ª Mostra da Oportunidade en Expourense e aproveitaron os mellores prezos en milleiros de artigos que ofrecían descontos que partiron dende o 30 ata o 70%.