Concerto pola Paz en Verín

A Casa da Cultura de Verín acollerá o sábado 31 de xaneiro, ás 19 horas, o concerto pola Paz do alumnado do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

O Plan «Ourense, a provincia termal» preséntase en FITUR

Manuel Baltar, asinou coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e coa directora de Turismo de Galicia os convenios “Galicia a todo tren” e “Trens termais” para promocionar a provincia de Ourense como destino turístico diferenciado e de calidade.

Augas de Galicia investirá máis de 430.000 euros na mellora de saneamento e abastecemento no Larouco

O Consello da Xunta de Galicia autorizou a colaboración técnico-financeira da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co Concello de Larouco para a execución de obras de mellora no saneamento e abastecemento no núcleo de Seadur.

Entrevista ao actor ourensán Jorge Varandela

O actor ourensán, Jorge Varandela representa con grande éxito a obra El triángulo azul que chegará a Ourense o 12 de novembro deste ano.

Trofeo Federación de Esquí Paralelo

O domingo 25 de xaneiro celebrouse na Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda o Trofeo Federación de Esquí Paralelo. O día, soleado e sen vento, perfecto para este evento.

Venda de produtos promocionais do Entroido de Verín

O establecemento, a cargo da Comisión de Festas e que abrirá ao público o 2 de febreiro, estará ubicado este ano na praza Maior da localidade, na antiga Mercería Lomar.