O BNG apoia a petición veciñal de construír un campo de fútbol na Carballeira

BNG en A.VV. Carlasca

No pleno de abril, o grupo municipal nacionalista levará a pleno unha proposta para que se constrúa na Carballeira un campo de fútbol tendo en conta que no PXOM do ano 1986 -o actualmente vixente- reservánbanse 10.000 metros cadrados de solo dotacional para uso deportivo-recreativo.

Voltan as visitas ao Rexo

O Ecoespazo O Rexo, ubicado en Allariz, abre de novo as súas portas para todo aquel que desexe visitalo. En Semana Santa haberá visitas guiadas cada 45 minutos.

Descubre a completa programación da MITEU 2015

Na xornada de clausura, Os Perqtores de Seixalbo recibirán un premio pola colaboración con esta mostra de teatro durante anos.

30 espectáculos na vixésima edición da MITEU

Grupos universitarios de Galicia compartirán escenario con outros do resto da Península e con compañías profesionais procedentes de países como Cabo Verde, Brasil, Portugal, Irán, Bélxica, Honduras, Estados Unidos e Italia.

Comercio con talento impulsa o emprendemento entre o estudantado ourensán

Sol Vázquez no instituto Porto Vello

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou a iniciativa da Xunta Comercio con talento, que ten por obxectivo impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial, ao tempo que se promove o coñecemento e o contacto do alumnado de formación profesional co sector.