O Cidade As Burgas cae nas semifinais da Copa Xunta

O Cidade As Burgas cae contra o Burela 1-2 na semifinal da Copa Xunta. O partido celebrado nos Remedios estivo moi disputado durante os 40 minutos.

O COB busca consolidarse en Palencia

O Club Ourense Baloncesto visita o Marta Domínguez este venres para medirse ao equipo favorito ao ascenso directo: o Palencia.

Nova edición da Escola de Nais e Pais

Abordará temas como a familia como primeiro axente de socialización, a disciplina positiva ou a afectividade e sexualidade na adolescencia, entre outros. Os interesados poden inscribirse na Concellería de Saúde.

Ourense en Común celebra unha xornada participativa este sábado

Preténdese deliberar sobre o regulamento para as eleccións primarias das que deberá sair a candidatura para as eleccións municipais de maio. O acto será no Centro Cívico da Ponte ás 18 horas.

Juana Ageitos asume as competencias de Soto, agás Urbanismo

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández asinou este xoves o decreto no que delega na concelleira Juana Ageitos as atribucións das áreas de Infraestruturas, Augas e saneamento, Servizos Xerais, Contratación e Sistemas de Información.

O Inorde promove co proxecto PROMERCADO a valorización dos produtos endóxenos de Ourense

Presentación proxecto Promercado

Ten como obxectivo servir de apoio para o sector agroalimentario e desenvolver iniciativas que permitan impulsar a produción e comercialización dos produtos tradicionais da provincia dende o punto de vista empresarial, de análise de mercado e de cooperación intersectorial.