Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Nesta ocasión e como cada mes de marzo, falamos sobre como conmemoran os concellos o 8M, Día Mundial da Muller.
Ademais, entrevistamos ao prolífico escritor Jorge E. Bóveda, que nos presenta a súa última novela «As portas condenadas».
A Xunta de Galicia renovará a OU-413 na subida ao Seminario, mentres as obras da avenida de Portugal están paradas aludindo -a empresa encargada- de falta de pago, das tres últimas mensualidades, por parte do Concello de Ourense. En Pena Trevinca está previsto que se restruture o tráfico no mes de abril. Ponte Vella celebra o Día do Pai co sorteo de 10 cheques de 250 euros. O Concello organizará en maio un tarde no Campo da Feira, denominado «Festa do Paripé». Un ascensor público une os barrios da Ponte e o Vinteún.
En Xinzo, as obras da N525 obrigan, ata finais de maio, a reorganizar o tráfico. O Concello estima en máide 1,1 millóns de euros os danos polas inundacións. Casa Brea acollerá os Premios Semente o 27 de marzo.
A Mancomunidade Terra de Celanova recibiu unha achega de preto de 45.000 euros para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero. Publicouse o libro “A Virxe do Cristal: lenda, roubo, asasinato”.
Allariz organiza a sétima edición do Allariz Debuxado o domingo, 29 de marzo. En maio, no Seixo, organízase o Primeiro Torneo de Fútbol Base.
Provincia, deportes, opinión e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha





