Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Varias son as noticias destacadas nesta ocasión; como a manifestación convocada pola plataforna «Dereito ao Tren» que congregou na Gudiña a unhas 7.000 persoas. Tamén abrimos con outra nova que trouxo polémica, como é o traslado provisional da área de hospitalazación do Materno Infantil que tamén tivo a súa manifestación -entre colectivos, madres e profesionais- ao non contar cunhas instalación á altural (a Xunta investiu 2,7 millóns de euros). E as noticias propias deste mes de agosto de ocio son as Xornadas de Folclore que percorrerán (do 11 ao 20 de agosto) a provincia e os tres días (do 8 ao 10) da Feira do Viño de Monterrei que se celebra en Verín.
En Ourense, a Xunta de Goberno Local celebrou unha sesión extraordinaria para abordar, como único punto da orde do día, a declaración de urxencia dos expedientes de contratación relacionados coa implantación da Zona de Baixas Emisións (ZBE) Ourense Centro; un elevador unirá A Ponte co barrio do Vinteún; deron comezo as obras do sistema de elevación vertical.
En Verín, Licencia para a residencia de maiores que construirá a Fundación San Rosendo.
E en Barbadás, varias actuacións rematadas no local social de Sobrado do Bispo. Desde o concello solicitan á Xunta asumir a xestión íntegra do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
A CHMS recupera camiños fluviais entre Ourense e Os Peares sumando un total de 19 km. Continúa a transformación do encoro de Cachamuíña; inaugúrase unha nova pasarela peonil sobre o río Loña.
Deportes, ocio, opinión e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha






