Será este sábado 11 de xullo, desde as 12 da mañá, na área recreativa da Ponte.

 

Organizados polo Concello de Pontedeva, coa colaboración da Mancomunidade Terras de Celanova e diversos empresarios da zona, os festexos darán comezo ao medio día coa feira de artesanía, que contará con pulpeira.

Pola tarde, dende as 17 horas haberá xogos infantís e a esa mesma hora comeza o asado. Así mesmo, ás 20 horas celebrarase o III Festival Xirondiña de baile e música tradicional, na área recreativa de Freáns. Xa ás 21.30 horas terá lugar a degustación do porco ao espeto, actuación da charanga BCB, ritual de purificación e queimada. O fin de festa poráo o concerto de Muxarega.