Baixo o lema «Lume Nunca Mais, o noso monte importa» a protesta terá lugar na praza Maior de Ourense ás 20 horas.
O Comité de Defensa do Monte Galego convoca unha concentración este xoves 10 de setembro, a partir das 20 horas na praza Maior de Ourense, co lema «Lume Nunca Máis, o noso monte importe».
O Comité chama a participar a todos os ourensáns neste acto de protesta «contra a destrución ecolóxica, económica e social que están provocando os incendios forestais na provincia de Ourense». Coa concentración queren tamén denunciar «a incompetencia, descordinación e mala xestión» da Consellería de Medio Rural, polo que esixen a dimisión da conselleira.





