Entre axudas para escolarización, alimentación, conciliación e intervención socioeducativa da área de Asuntos Sociais.

 

O Concello de Ourense reforzará este ano as axudas a escolares en situación de vulnerabilidade. En total, durante este curso a Concellería de Asuntos Sociais destina 477.478 euros para axuda ás familias, tanto no gasto da escolarización e alimentación, como en conciliación e intervención socioeducativa.

Logo de valorar as 1.283 solicitudes (foron estimadas 870) procedentes de 714 familias ourensás en situación de vulnerabilidade, a Concellería de Asuntos Sociais destinará 401.220 euros (un 3% máis que o ano pasado) para o programa de axuda escolar, tanto para material escolar de Educación Infantil como para o comedor para todos os ciclos educativos de centros públicos e concertados.

O 100% das familias que están en situación de vulnerabilidade son deste xeito preceptoras da axuda municipal. Esta medida supón que as familias con menos recursos poderán optar a unha alimentación axeitada para os seus fillos durante todo o curso escolar.

Estas axudas van destinadas tanto a colexios públicos como concertados e se complementan con outra serie de axudas proporcionadas polo Concello de Ourense, como son o programa de apoio escolar para a prevención do absentismo na escola, que chega a 68 nenos e nenas, e o de concliación laboral e familiar nos centros cívicos, que acolle a 1.260 rapaces e rapazas, que ascenden a 76.258 euros.

Acusacións de demagoxia por parte de Xuventudes Socialistas

Tras este anuncio do Goberno municipal, as Xuventudes Socialistas de Ourense emitiron un comunicado no que acusan ao alcalde de facer demagoxia coas axudas municipais e no que recordan que foi o anterior Goberno municipal socialista o que aumentou a contía das axudas «para paliar os recortes de Jesús Vázquez coma conselleiro de Educación». As Xuventudes Socialistas tamén salientan que no ano 2006 o Goberno popular destinara 109.722.72 euros para un total de 311 axudas, mentres que no 2014 o Goberno socialista investira 306.000 euros concedendo 577 axudas.