Ten unha capacidade máxima para 27 pacientes e súa posta en marcha supuxo unha ampliación do persoal de enfermería, con dous profesionais máis.
A nova Sala de Diagnóstico e Tratamento do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense acolleu este mércores os seus primeiros pacientes, nun área que mellora substancialmente tanto o espazo dispoñible como a súa confortabilidade.
Xunto coa mellora de espazo, a nova sala leva consigo un aumento do persoal de enfermería asignado, con dous profesionais máis, o que revertirá nunha maior calidade dos coidados e a seguridade do paciente, ademais de maior intimidade e garantías, facilitando o traballo asistencial do persoal.
No Servizo de Urxencias constituiuse un grupo de traballo, formado polos representantes do persoal de enfermería, elixidos directamente por este colectivo para servir de interlocutores e recibir información directa da dirección, así como para transmitirlle súas propostas de mellora.
Mais espazo e intimidade
A nova sala ven a dar resposta as necesidades de maior confortabilidade e intimidade, dos espazos destinados a estanza en Urxencias dos pacientes pendentes de resultados ou diagnóstico. Así, a nova área duplica o espazo dispoñible para esta función, nunha ampla sala con luz natural, aseo e unha axeitada dotación de recursos humanos e materiais.
Trátase en fin de procurar que o paciente permaneza sempre en espazos destinados ao seu coidado, con persoal ao seu cargo e ofrecéndolle, na medida do posible, a maior comodidade na súa estanza no servizo, facendo esta o mais curta posible e facilitando o fluxo asistencial.





