Ourense

Luz verde a cinco proxectos de Infraestruturas en Xunta de Goberno local extraordinaria e urxente

Aprobáronse as memorias para os proxectos de ampliación da rede de abastecemento na rúa dos Limoeiros; para mellora da rede de abastecemento na rúa da Laxa, en As Curuxeiras; e para ampliación da rede de abastecemento do núcleo da Costa, en Cudeiro.

A auga da cidade obtén a máxima certificación internacional que avala a súa calidade para consumo

O alcalde de Ourense recibiu de mans do director da empresa concesionaria Viaqua, Julio Masid Bande; así como da responsable da empresa Tüv Rheinland (entidade que expide a certificación), Almudena Bouza, a certificación ISO 22.000, que en Galicia só posúen, ademáis de Ourense, Pontevedra e Santiago.