A Xunta Electoral de Ourense ordena ao PSOE a retirada de carteis electorais en Maceda

A decisión responde a unha denuncia presentada polo PP, tras detectar diversos carteis con propaganda da candidatura socialista, por vulnerar artigo 53 da LOREX que proscribe a difusión de publicidade ou propaganda ata o 37 día posterior á convocatoria de eleccións.






