Ourense oferta 900 prazas na campaña de verán da Xunta
Na provincia de Ourense este ano ofértanse un total de 900 prazas, 95 máis que o anterior, para que mozos e mozas de entre 9 e 30 anos participen nas actividades de carácter lúdico, cultural ou deportivo da campaña de verán que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.











