Ourense

Intérpretes de sete países chegan a Ourense dentro da máis ambiciosa edición do Festival “Pórtico do Paraíso”

Oito concertos de recoñecidos artistas, un encontro con Paul O’Dette, un curso de interpretación de clarinete da man de Vienna Clarinet Connection e unha mostra de instrumentos musicais da Idade Media forman a completa programación deste oitavo festival.

O Comité de Campaña do PPOU reúnese cos seus candidatos da Limia e Celanova para analizar a situación socioeconómica e liñas estratéxicas

A sede provincial do Partido Popular de Ourense acolleu este 16 de febreiro a segunda (trala de Ribadavia) das dez reunións que o Comité Provincial de Campaña ten planificadas con todos os candidatos e presidentes locais nos partidos xudiciais da provincia.

Vistoso desfile de entroido en Ourense

Desfile entroido Ourense 2015

Unhas 70 comparsas participaron na tarde do domingo nun multitudinario desfile polas rúas da capital ourensá. Con galería de imaxes e premiados.

Serviocio acolle unha mostra de carteis da Festa da Pita

Esta exposición é froito do convenio de colaboración asinado entre o centro deportivo e a Asociación dos Amigos da Pita, que inclúe un programa de actividades que achegan o Entroido d’As Eiroás aos usuarios deste centro.

Este luns entra en funcionamento o Punto Limpo Móbil do Concello de Ourense

Nel poderanse reciclar pequenos residuos xerados no fogar (como aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, mobles, papel e cartón, radiografías ou lámpadas, entre outros). Terá sete zonas de recollida na cidade, de luns a sábado.