Provincia

O Plan Hurbe permite o empedrado dun vial en Quins, Melón

Ethel Vázquez en Melón

A conselleira de Medio Ambiente, acompañada pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e pola alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, supervisou o remate das obras de empedrado do viario público no núcleo rural de Quins.

O grupo provincial do BNG pide medidas para evitar riscos pola enchente do río Arnoia

Os deputados reclaman á Subdelegación do Goberno, á Confederación Hidrográfica, a concellos e Deputación que » tomen as medidas oportunas» para evitar risco para as persoas e vehículos na estrada de Vilar de Barrio a Rebordechao, ao carón do río Arnoia.

A Deputación convoca o II Premio “Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción escolar”

Poden participar alumnos de educación Infantil, Primaria, educación Especial e ESO da provincia de Ourense.  A presentación de traballos, artísticos e literarios, remata o 18 de marzo, e os premios entregaranse o día 6 de abril.

Educación anuncia para este ano melloras nos centros educativos de Maceda

Xesús Vázquez no colexio de Maceda

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou os centros educativos do concello de Maceda, nos que o anunciou que o seu departamento ten previsto realizar este ano un investimento de 33.000 euros.

Diminúen en Verín as infraccións penais durante o mes de xaneiro

A Xunta Local de Seguridade analizou a diminución nun 12,5% destes actos en relación ao ano anterior. Así mesmo, abordouse na mesma o dispositivo de seguridade a seguir durante as festas do Entroido.

Comeza unha nova edición do programa Ruralempréga-T

A Casa da Cultura de Xinzo acollerá diversos obradoiros dirixidos á poboación en risco de exclusión social da comarca, para mellorar as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral.

O IES Taboada Chivite de Verín pecha os encontros coa escritora Elena Gallego do programa de dinamización lingüísticia Dragal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pechou esta semana, no IES Taboada Chivite de Verín, a primeira actividade do trimestre do proxecto de dinamización lingüística Dragal, baseado na triloxía do mesmo nome de Elena Gallego Abad.